RECOÑECEAS: 11F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Para festexar o 11 de febreiro, dia da muller e a nena na ciencia, ofrecemos a iniciativa RECOÑECEAS: 25 Obradoiros en centros educativos de primaria e secundaria onde unha científica galega desenvolverá actividades co alumnado

25 CIENTÍFICAS GALEGAS

Temos talento dabondo en Galicia e debemos visibilizalo e poñelo en valor. As novas xeracións precisan coñecer a mulleres actuais con grandes carreiras profesionais en todas as áreas da ciencia para crear referentes:

  • Cancro: Coa colaboración especial de ASEICA e o seu proxecto “Conócelas”
  • Ciencias aplicadas
  • Ciencias da terra e o Universo
  • Ciencias Biomédicas
  • Ciencias Sociais

25 OBRADOIROS SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Vivimos nunha nova realidade, unha época de novas ideas e novas oportunidades. Movernos ao espazo virtual nos permite chegar a moitas máis persoas e moi rápido. Por eso este ano, ofertamos un número elevado de obradoiros virtuais para chegar a más de 600 alumnos/as de toda Galicia. Desenvolveremos unha actividade estructurada en tres momentos:

  • Coñecemento da científica e da área da ciencia sobre a que versará o obradoiro
  • Impartición do obradoiro virtual por parte de unha/as científica/as galegas.
  • Realización dun traballo/produto final que quedará no centro (opcional)

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Vinculamos o desenvolvemento de todos os nosos proxectos aos obxectivos de desenvolvemento sostible e a axenda 2030 que no 2015 firmaron os líderes mundiais para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todos e todas.Esta inicativa impacta polo tanto no:

  • ODS 4: Educación de calidade
  • ODS 5: Igualdade de xénero
  • ODS 10: Redución das desigualdades
  • ODS 17: Alianzas para acadar os obxectivos

SÚMATE A NOSA INICIATIVA

info@lacienciaesfemenino.com

657 833 540